Monday 29 de April de 2024

Partido Popular, PSdeG-PSOE e UPS, presentarán esta semana a solicitude dun Pleno Extraordinario para abordar o tema da inseguridade en Sada 


Consideran extremadamente grave a situación que está a padecer o municipio.

As conversacións mantidas polas portavoces das tres formacións políticas ao redor da preocupación cidadá sobre a seguridade no municipio desembocará esta semana na presentación dun documento conxunto no que solicitan a celebración dun Pleno Extraordinario e Urxente para abordar o asunto.

A posibilidade de articular esta figura de control e impulso da acción política concédenlla as leis aos concelleiros da oposición sempre que representen polo menos un cuarto do total presente na corporación.

Segundo adiantaron as portavoces das citadas formacións solicitarán no seu escrito undebate sobre o tema ao que seguirán as distintas propostas expostas por cada grupo encamiñadas á procura de solucións a esta situación.

Tras iso, ditas formacións solicitarán a posibilidade dun receso, en caso de ser necesario, de polo menos trinta minutos para chegar a acordos sobre as mesmas e proceder á súa ulterior votación.

Para a celebración do devandito pleno pedirán que se poña ao dispor, cunha antelación suficiente, unha serie de documentacións e informes que se relacionan no escrito de solicitude.

As representantes das forzas promotoras da iniciativa, inciden na urxencia de buscar o acordo, a unanimidade e o entendemento pois cren que os veciños de Sada é o mínimo que se merecen, que se actúe consensuadamente e de maneira urxente, eficiente e eficaz nesta materia.
Convocarase aos medios para dar a coñecer a solicitude do devandito pleno a principios desta semana..